Ademáis das probas indicadas vaise disputar a proba “lanzamento de peso cadete feminino”.
ATLETISMO EN LUGO
viernes, 15 de junio de 2012
3ª Xornada Copa Diputación
A Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo en
colaboración ca Vicepresidencia Primeira da Diputación de Lugo
organiza a 3 proba o vindeiro 16 de xuño, en xornada de tarde, do II Trofeo Copa Diputación de Lugo no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo. Baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices.
jueves, 31 de mayo de 2012
Campeonato provincial de combinadas
Hoxe no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo disputouse o
Campionato Provincial de Probas Combinadas en idade escolar dentro do
programa XOGADE.
Neste campionato participaban atletas das categorías alevin e infantil.

lunes, 21 de mayo de 2012
Liga de Clubes
PRIMEIRA DIVISIÓN: Sensacional actuación dos rapaces do A.D.A.S en
Durango onde gañando o seu encontro se clasificaron para disputar a fase
de ascenso a primeira división. Destacamos entre os resultados a
Enrique Prego, atleta coruñés que lograba vencer na proba dos 400 m.l
con 49.65 marca persoal e mellor marca galega da tempada. O seu
compañeiro de adestramento, Carlos Moro gañaba os 400 metros valos con
56.21 e era terceiro nos 200 m.l con 22.67. Luis Nogueira volveu a
demostrar a súa calidade gañando a proba de xavelina cun mellor
lanzamento de 57.14 ao igual que Carlos Revuelta no martelo con 51.43.
Antonio Molina e David Barreira eran terceiro e cuarto en salto de
altura con 1.85 e 1.70. Nos 400 m.l Juan José del Rio lograba a súa
mellor marca da tempada, facendo 51.35 que lle permitiu entrar en
terceira posición. Nos relevos, cara e cruz, o 4 x100 logrou a vitoria
con 43.82 e o 4 x 400 foi último.
En Monzón competiron os homes do Real Club Celta de Vigo, comandados por David Gómez que foi segundo na lonxitude con 6.83 e gañaba os 110 metros valos cun tempo de 15.01 a pesar de ter un vento contrario de -1.8. Nos 800 m.l vitoria con autoridade de Ismael Costas con 1.56.45, nos 1500 m.l Carlos Porto soubo ler a carreira e entrou en meta en terceiro lugar. Na marcha e nos obstáculos primeiro e segundo posto dos representantes do Celta, nos 5 km marcha gañaba Armando Pereira con 23.19.17 e segundo cun tempo similar era Fabio Pereira, en canto aos obstáculos Juan Antonio Pousa vencía con 9.20.08 e arrastraba ao segundo lugar a Gonzalo Basconcelos, preto da súa mellor marca. Nas probas de velocidade Miguel Gomez rendiu a un bo nivel sendo segundo nos 100 m.l e nos 200 m.l con 11.14 nunha chegada axustadísima e 22.68. Fernando Paredes no lanzamento de peso obtivo a segunda praza con 14.92. No 4 x 400 os célticos lograron a vitoria sendo segundos no relevo curto. Finalmente o Real Club Celta lograría o segundo posto do encontro.
Nas pistas de Anoeta, San Sebastián, disputaban o seu encontro os rapaces do Club Afflelou Narón que a pesar de boas actuacións dalgúns dos eus atletas non lograron eludir o último posto. O mellor home neste encontro foi Samuel Paz que lograba a vitoria nas duas probas de valos, nos 110 acadaba un tempo de 15.79 e no 400 valos de 56.57. Outro atleta destacado foi Fran Diaz que vencía con 1.57.14 na proba dos 800 m.l. Rodrigo Avellaneda foi segundo nos 200 metros lisos 22.22 e o seu compañeiro Mauro Triana terceiro nos 100 m.l con 11.19, volvendo demostrar o seu bo estado de forma. Nos 3000 metros obstáculo gran carreira de Sergio Piñon que logrou a vitoria. Pola súa banda nos saltos de lonxitude e altura con Pablo Modia e Miguel Perez o Narón lograba senllos terceiros postos con 6.51 e 1.80. No computo final e tras non puntuar na proba de 4 x 400 o equipo non puido escapar da última posición.
En Burgos, LLeida e Mataró disputaron os seus encontros os equipos femininos do Ourense Academia Postal, Atletismo Feminino Celta e Lucus respectivamente. O mellor resultado lográbano as rapazas do Ourense que con 6 vitorias individuais lograban o segundo posto do seu encontro que as enfrontou ao Club Avinet Manresa, ao Xuventude Elche Arosa e o Anta Bandeiras. Pola súa banda os outros dous clubs galegos quedaron en cuarto lugar. Destacamos o novo record galego xuvenil de Patricia Carballo que corria os 200 m.l en 25.25 o que lle valdria para gañar a proba, sendo terceira con 26.36 Paula Ferreiros. Saleta Fernández que o dia anterior proclamarase Campiona Galega Cadete de salto de altura lograba coa mesma marca, 1.60 o segundo posto. Outra vitoria para o Lucus lográbaa nos 5 kilometros marcha Pilar Iglesias, nos lanzamentos Natalia Liste na xavelina e Maria Morado en disco foron segundas. En Lleida excepcional carreira da atleta júnior Jenny Fernández que se impuxo nos 800 metros lisos con 2.17.95 ao igual que Esther Navarrete nos 1500 m.l nunha carreira lenta, a súa compañeira Paula Mariño foi segunda. Laura Garcia lograba a súa mellor marca da tempada nos 400 m.l con 58.99, entrando en meta en segundo lugar, mesmo posto para Noelia Ferradanes e Ana Izquierdo en martelo e disco. A xornada rematou coa vitoria das relevistas celtitas do 4 x400. Por último grande actuación das rapazas do Ourense, logrando o primeiro posto Lorena Guitian en altura con 1.55, Lorena Luaces en marcha con 24.15.62 mellorando o rexistro que realizara o 29 de abril en Ourense, Lidia Fernández en disco con 37.25, Leticia Fernández en 1500 m.l nunha carreira táctica e Antia Martinez en 100 valos con marca persoal, 15.38. Tamén renderon a un bo nivel Rocio Carbia, Alba Fernández, Carolina Palomares e Iria Castro.
Bos rexistros en xeral na segunda xornada do Campionato de España de Clubs con dous novos records galegos por parte de Victor Gallego e Patricia Carballo.

lunes, 14 de mayo de 2012
Ana Peleteiro, mejor marca mundial del año en triple
Ana Peleteiro inicia la temporada al aire libre asombrando. Aprovechó el campeonato gallego juvenil disputado en Cangas para establecer un nuevo récord de España júnior y juvenil en triple salto y para firmar, por 25 centímetros, la mejor marca mundial del año. Porque la barbanzana marcó un registro de 13,50 metros, a un paso de la barrera de los 14 y con tan solo 16 años de edad. Y todo en un año en donde pudiera ser una de las revelaciones en el mundial júnior de Barcelona.
A la atleta del ADT Barbanza le ha bastado su segundo concurso el año al aire libre para superarse a sí misma en el récord de España juvenil, situando su marca 23 centímetros más arriba y para superar también el registro vigente en categoría júnior, en poder de Ruth Ndoume, una atleta formada en Ferrol que después se trasladó a Soria, y que en su día había saltado 13,23 metros.
Pero la magnitud del salto no se queda en el atletismo doméstico, sino que alcanza talla internacional al convertirse en la mejor marca mundial del año, desplazando por 25 centímetros a la australiana Josie Nichol, que había alcanzado los 13,25 metros.
Además, y tomando como referencia la categoría absoluta en España, únicamente siete atletas han saltado por encima de los 13,50 a lo largo de la historia. El récord está ahora en 14,64 metros, marca conseguida por Carlota Castrejana en el 2007 en Birmingham.
La marca conseguida en la mañana de ayer en Cangas confirma una vez más las posibilidades de una atleta nacida en 1995, pero además le convierte en seria candidata a una medalla mundialista júnior. Sería su explosión definitiva como atleta de talla mundial.
viernes, 11 de mayo de 2012
Memorial Gregorio Pérez Rivera
O sábado disputouse no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo a 2ª Xornada da II Copa Diputación de Lugo.
Ainda que a climatoloxía non acompañou, non foi impedimento para que os
atletas acadaran grandes resultados e varias mínimas para os seus
Campionatos Nacionais.
Os gañadores do trofeo a mellor marca por estadillo da IAAF, foron na categoría feminina Sabina Asenjo Alvarez (FC Barcelona) que no lanzamento de disco lograba unha marca de 49,33 m (860 puntos), e na categoría masculina a mellor marca foi para Miguel Pérez Vázquez (Lucus Caixa Rural Galega) que lograba nos 110 m.v. unha marca de 14″71 (944 puntos).
Gran marca de Mauro Triana (Cimans Coruña Comarca) nos 200 m.l. onde acadaba 22″58, mínima para o Nacional Xuvenil.
Miguel Pérez Vázquez (Lucus Caixa Rural Galega) impoñíase nos 110 m.v. xuvenil, cunha marca de 14″71, mínima para o Nacional Xuvenil.
Tamén lograba a victoria Iván Manso-Pedrosa García (Franciscanos Lugo) nos 1.500 obstáculos cadete, cunha marca de 4’34″56, tamén mínima para o Nacional Cadete.
No salto de altura era Sara Pino Fernández (Lucus Caixa Rural Galega) a que lograba victoria cunha boa marca de 1,60 m, mínima para o Nacional Xuvenil.
No salto de lonxitude era Pablo Modia Rodriguez (Lucus Caixa Rural Galega) o que lograba a victoria, cunha marca de 6,55 m, ademáis tamén mínima para o Nacional Xuvenil. E na proba feminina, era Marta Lolo Bello (Cimans Coruña Comarca) a que lograba a victoria cun salto de 5,30 m, outra mínima para o Nacional Xuvenil.
No lanzamento de peso a victoria era para o atleta cadete Francisco Javier Michinel Moinelo (Cimans Coruña Comarca) cunha marca de 13,58 m, mínima para o Nacional Cadete.
Martin Liste Liaño (Atletica Silva) acadaba a victoria no lanzamento de disco cunha marca de 43,76 m, mínima para o Nacional Xuvenil. Na proba feminina a victoria era para Sabina Asenjo Alvarez (FC Barcelona) cunha boa marca de 49,33 m, tamén por riva da mínima para o Nacional Absoluto.
No lanzamento de martelo era a cadete Eva Doporto Fernández (ADAS O Barco) a que acadaba unha marca de 47,59 m, mara mínima para o Nacional Cadete.
Boa carreira tamén a dos 400 m.l. , gañada por Adrian Freijo (Universidad Oviedo) con 51″10, segundo Juan José del Río Gimenez (ADAS o Barco) con 51″37, mínima para o Nacional Xuvenil, e tercerio Mario Becerra (Cimans Coruña Comarca) con 52″09 as portas da mínima do Nacional Xuvenil (52″00).
As portas da mínima tamén se quedaba José Gonzalez Portero (ADAS o Barco) nos 800 m.l. onde gañaba e facía unha marca de 2’00″13 (a mínima para o Nacional Xuvenil é 2’00″00).
Resultados

Suscribirse a:
Entradas (Atom)