O sábado disputouse no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo a
2ª Xornada da II Copa Diputación de Lugo.
Ainda que a climatoloxía non acompañou, non foi impedimento para que os
atletas acadaran grandes resultados e varias mínimas para os seus
Campionatos Nacionais.
Os gañadores do trofeo a mellor marca por estadillo da IAAF, foron na
categoría feminina Sabina Asenjo Alvarez (FC Barcelona) que no lanzamento de disco lograba unha marca de 49,33 m (860 puntos), e na
categoría masculina a mellor marca foi para
Miguel Pérez Vázquez (Lucus Caixa Rural Galega) que lograba nos 110 m.v. unha marca de 14″71 (944 puntos).
Gran marca de Mauro Triana (Cimans Coruña Comarca) nos 200 m.l. onde acadaba 22″58, mínima para o Nacional Xuvenil.
Miguel Pérez Vázquez (Lucus Caixa Rural Galega) impoñíase nos 110
m.v. xuvenil, cunha marca de 14″71, mínima para o Nacional Xuvenil.
Tamén lograba a victoria Iván Manso-Pedrosa García (Franciscanos
Lugo) nos 1.500 obstáculos cadete, cunha marca de 4’34″56, tamén mínima
para o Nacional Cadete.
No salto de altura era Sara Pino Fernández (Lucus Caixa Rural Galega)
a que lograba victoria cunha boa marca de 1,60 m, mínima para o
Nacional Xuvenil.
No salto de lonxitude era Pablo Modia Rodriguez (Lucus Caixa Rural
Galega) o que lograba a victoria, cunha marca de 6,55 m, ademáis tamén
mínima para o Nacional Xuvenil. E na proba feminina, era Marta Lolo
Bello (Cimans Coruña Comarca) a que lograba a victoria cun salto de 5,30
m, outra mínima para o Nacional Xuvenil.
No lanzamento de peso a victoria era para o atleta cadete Francisco
Javier Michinel Moinelo (Cimans Coruña Comarca) cunha marca de 13,58 m,
mínima para o Nacional Cadete.
Martin Liste Liaño (Atletica Silva) acadaba a victoria no lanzamento
de disco cunha marca de 43,76 m, mínima para o Nacional Xuvenil. Na
proba feminina a victoria era para Sabina Asenjo Alvarez (FC Barcelona)
cunha boa marca de 49,33 m, tamén por riva da mínima para o Nacional
Absoluto.
No lanzamento de martelo era a cadete Eva Doporto Fernández (ADAS O
Barco) a que acadaba unha marca de 47,59 m, mara mínima para o Nacional
Cadete.
Boa carreira tamén a dos 400 m.l. , gañada por Adrian Freijo
(Universidad Oviedo) con 51″10, segundo Juan José del Río Gimenez (ADAS o
Barco) con 51″37, mínima para o Nacional Xuvenil, e tercerio Mario
Becerra (Cimans Coruña Comarca) con 52″09 as portas da mínima do
Nacional Xuvenil (52″00).
As portas da mínima tamén se quedaba José Gonzalez Portero (ADAS o
Barco) nos 800 m.l. onde gañaba e facía unha marca de 2’00″13 (a mínima
para o Nacional Xuvenil é 2’00″00).
Resultados