lunes, 21 de mayo de 2012

Liga de Clubes

PRIMEIRA DIVISIÓN: Sensacional actuación dos rapaces do A.D.A.S en Durango onde gañando o seu encontro se clasificaron para disputar a fase de ascenso a primeira división. Destacamos entre os resultados a Enrique Prego, atleta coruñés que lograba vencer na proba dos 400 m.l con 49.65 marca persoal e mellor marca galega da tempada. O seu compañeiro de adestramento, Carlos Moro gañaba os 400 metros valos con 56.21 e era terceiro nos 200 m.l con 22.67. Luis Nogueira volveu a demostrar a súa calidade gañando a proba de xavelina cun mellor lanzamento de 57.14 ao igual que Carlos Revuelta no martelo con 51.43. Antonio Molina e David Barreira eran terceiro e cuarto en salto de altura con 1.85 e 1.70. Nos 400 m.l Juan José del Rio lograba a súa mellor marca da tempada, facendo 51.35 que lle permitiu entrar en terceira posición. Nos relevos, cara e cruz, o 4 x100 logrou a vitoria con 43.82 e o 4 x 400 foi último.
En Monzón competiron os homes do Real Club Celta de Vigo, comandados por David Gómez que foi segundo na lonxitude con 6.83 e gañaba os 110 metros valos cun tempo de 15.01 a pesar de ter un vento contrario de -1.8. Nos 800 m.l vitoria con autoridade de Ismael Costas con 1.56.45, nos 1500 m.l Carlos Porto soubo ler a carreira e entrou en meta en terceiro lugar. Na marcha e nos obstáculos primeiro e segundo posto dos representantes do Celta, nos 5 km marcha gañaba Armando Pereira con 23.19.17 e segundo cun tempo similar era Fabio Pereira, en canto aos obstáculos Juan Antonio Pousa vencía con 9.20.08 e arrastraba ao segundo lugar a Gonzalo Basconcelos, preto da súa mellor marca. Nas probas de velocidade Miguel Gomez rendiu a un bo nivel sendo segundo nos 100 m.l e nos 200 m.l con 11.14 nunha chegada axustadísima e 22.68. Fernando Paredes no lanzamento de peso obtivo a segunda praza con 14.92. No 4 x 400 os célticos lograron a vitoria sendo segundos no relevo curto. Finalmente o Real Club Celta lograría o segundo posto do encontro.
Nas pistas de Anoeta, San Sebastián, disputaban o seu encontro os rapaces do Club Afflelou Narón que a pesar de boas actuacións dalgúns dos eus atletas non lograron eludir o último posto. O mellor home neste encontro foi Samuel Paz que lograba a vitoria nas duas probas de valos, nos 110 acadaba un tempo de 15.79 e no 400 valos de 56.57. Outro atleta destacado foi Fran Diaz que vencía con 1.57.14 na proba dos 800 m.l. Rodrigo Avellaneda foi segundo nos 200 metros lisos 22.22 e o seu compañeiro Mauro Triana terceiro nos 100 m.l con 11.19, volvendo demostrar o seu bo estado de forma. Nos 3000 metros obstáculo gran carreira de Sergio Piñon que logrou a vitoria. Pola súa banda nos saltos de lonxitude e altura con Pablo Modia e Miguel Perez o Narón lograba senllos terceiros postos con 6.51 e 1.80. No computo final e tras non puntuar na proba de 4 x 400 o equipo non puido escapar da última posición.
En Burgos, LLeida e Mataró disputaron os seus encontros os equipos femininos do Ourense Academia Postal, Atletismo Feminino Celta e Lucus respectivamente. O mellor resultado lográbano as rapazas do Ourense que con 6 vitorias individuais lograban o segundo posto do seu encontro que as enfrontou ao Club Avinet Manresa, ao Xuventude Elche Arosa e o Anta Bandeiras. Pola súa banda os outros dous clubs galegos quedaron en cuarto lugar. Destacamos o novo record galego xuvenil de Patricia Carballo que corria os 200 m.l en 25.25 o que lle valdria para gañar a proba, sendo terceira con 26.36 Paula Ferreiros. Saleta Fernández que o dia anterior proclamarase Campiona Galega Cadete de salto de altura lograba coa mesma marca, 1.60 o segundo posto. Outra vitoria para o Lucus lográbaa nos 5 kilometros marcha Pilar Iglesias, nos lanzamentos Natalia Liste na xavelina e Maria Morado en disco foron segundas. En Lleida excepcional carreira da atleta júnior Jenny Fernández que se impuxo nos 800 metros lisos con 2.17.95 ao igual que Esther Navarrete nos 1500 m.l nunha carreira lenta, a súa compañeira Paula Mariño foi segunda. Laura Garcia lograba a súa mellor marca da tempada nos 400 m.l con 58.99, entrando en meta en segundo lugar, mesmo posto para Noelia Ferradanes e Ana Izquierdo en martelo e disco. A xornada rematou coa vitoria das relevistas celtitas do 4 x400. Por último grande actuación das rapazas do Ourense, logrando o primeiro posto Lorena Guitian en altura con 1.55, Lorena Luaces en marcha con 24.15.62 mellorando o rexistro que realizara o 29 de abril en Ourense, Lidia Fernández en disco con 37.25, Leticia Fernández en 1500 m.l nunha carreira táctica e Antia Martinez en 100 valos con marca persoal, 15.38. Tamén renderon a un bo nivel Rocio Carbia, Alba Fernández, Carolina Palomares e Iria Castro.
Bos rexistros en xeral na segunda xornada do Campionato de España de Clubs con dous novos records galegos por parte de Victor Gallego e Patricia Carballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario